24/12/2022

Licenza Federativa e Alta Soci@s ► 2023

SOCI@S

Para poder ser soci@ do Club de Montaña Coruña requírese posuír a Licenza Federativa da Federación Galega de Montañismo (FGM) a través do Club de Montaña Coruña ou doutro club inscrito na FGM.

A cota anual será de 10 €.

Os menores non pagarán a cota de soci@s, sempre que un dos proxenitor@s ou titor@ sexa soci@.

O trámite de alta de soci@ do Club de Montaña Coruña realízase a través da pestana Licenzas do Blogue.

LICENZAS e/ou ALTA SOCI@S

A Federación Galega de Montañismo publicou o prezo das licenzas do 2023 e mantéñense as melloras económicas para infantís e xuvenís, que no momento que acrediten ter pai ou nai federad@, obterán un desconto do 50% no prezo do seguro.

De igual forma, poderanse elixir os seguintes suplementos:

  • BTT, Esquí Alpino, Esquí Nórdico e Snowboard.

Devanditos suplementos estarán dispoñibles nas Licenzas B, C, D, E e OT.

IMPORTANTE: Aínda que se tramite a Licenza Federativa 2023 no mes de decembro do 2022, non terá validez ata as 00:00 horas do día 1 de xaneiro de 2023. Ata esa data terá vixencia aínda a Licenza Federativa 2022.

As licenzas non se entregarán por correo postal.

► Condicións das Licenzas FGM

► TRAMITAR LICENZA e/ou ALTA SOCI@ do CLUB