NORMAS XERAIS DE
SENDEIRISMO |
1. A realización de
calquera actividade sempre o é de modo altruísta e sen ánimo de lucro.
2. No caso de que algunha saída fose anulada, indicarase na páxina
web con polo menos doce horas de antelación con respecto á hora de saída, ademáis
de comunicalo por correo aos que figuran na lista de asistentes.
3. HORARIOS: Daranse 5 minutos
de marxe de espera ás persoas apuntadas e que non estéan no punto de encontro á
hora establecida. Unha vez transcorrido ese período, iniciarase/continuará a
actividade programada. Estas condicións poderán ser modificadas cando así se
estime.
4. A información das actividades de sendeirismo publícase
en:
4.1.
https://cmontanacoruna.blogspot.com/
4.2.
https://www.facebook.com/groups/2040668816027001/?source_id=224515758448075
5. Esta sairá
publicada con polo menos dúas semanas de antelación sobre a data da actividade.
6. Para participar
nas actividades serán requisitos obrigatorios: ser socio do Club e ter licenza
federativa en vigor, acorde coa actividade para realizar, e acreditar a súa
posesión no momento da inscrición. Os socios inscribiranse por internet,
utilizando o formulario habilitado para o efecto. Os menores de idade (socios)
poderán participar se van acompañados do seu pai/nai/titor legal que se
responsabilice deles.
7. Todas as prazas
adxudicaranse por estrita orde de inscrición. Os socios federados co Club terán
preferencia na adxudicación de prazas sobre os socios que tramitasen a súa
licenza a través doutro club.
8.
NON SE DEVOLVE O
IMPORTE salvo que a
praza, sexa ocupada e paga por outra persoa.
9. A contratación do
autobús
estará suxeita a un mínimo de 18 asistentes. De non alcanzar o mínimo de
asistentes, poderase ir en vehículos particulares ou se suspenderá a actividade
programada. No suposto de ir en vehículos particulares, comunicarase aos
asistentes o custo/vehículo que será repartido entre os asistentes; os
condutores, quedan excluídos da repartición de gastos do vehículo.
10. Os roteiros,
salvo excepcións, non estarán previamente (in situ) revisados pero si se terá
feito un estudo previo da zona para percorrer; é dicir, o mesmo procedemento
que se segue cos roteiros revisados: estudo previo dos carreiros da zona, mapa,
compás, gps, tracks, etc., coa certeza de que en máis
dunha ocasión haberá que buscar outros carreiros aos inicialmente previstos.
11. En cada saída,
tratarase de indicar a dificultade física/técnica do roteiro, tendo en conta a
información que houbese sobre o devandito itinerario, podendo suceder que a dificultade do mesmo chegase a ser superior ó
inicialmente previsto.
12. Cada cal debe
valorar o seu estado físico con relación a DISTANCIA, DIFICULTADE, ESFORZO E
DURACIÓN do roteiro para decidir, se pode ou non, realizar a actividade
proposta.
13. É obrigación de cada asistente:
13.1. Acudir ao roteiro
co equipamento adecuado, tendo en conta a climatoloxía e as condicións do
terreo.
13.2. Levar comida e
bebida suficientes para o roteiro.
13.3. Caixa de
primeiros auxilios emerxencia, chaleco reflector, lanterna, chifre, teléfono
móbil, etc.
14. O Club, a súa Xunta Directiva e/ou calquera persoa vinculada coa
organización do roteiro non se fai responsable da perda, deterioración ou
abandono de obxectos persoais.
NORMAS PARTICULARES DE SENDEIRISMO |
15. O BUS
15.1. Sae á/s hora/s indicada/s en cada programa.
15.2. As únicas paradas de ida e volta serán as que se establezan en cada
programa.
15.3. A primeira fila de asentos está reservada para os guías/organizadores do
roteiro.
15.4. O asento que ocupe ao comezo será o que lle corresponda durante
toda a xornada.
15.5. Os bastóns e mochilas, por seguridade dos viaxeiros, debe ir no
compartimento inferior de equipaxes do autobús.
15.6. É obrigatorio a utilización do cinto de seguridade.
16. O ROTEIRO
16.1. O programa previsto poderá ser anulado ou modificado en función das condicións do roteiro ou
meteorolóxicas do día. A modificación ou anulación do programa previsto non dá
dereito a ningunha compensación económica.
16.2. Antes de iniciar o roteiro infórmate de quen son os guías.
16.3. NUNCA se poderá superar ao guía que encabeza a marcha.
16.4. Non perdas de vista ao que está diante.
16.5. NUNCA te quedes detrás do guía que pecha o grupo.
16.6. En TODO momento seguiranse as indicacións
que dean os guías/organizadores do roteiro ou a directiva do club.
16.7. Non deixes ningún lixo (restos de comida, papeis, envases,
plásticos, etc.). Ao chegar deposítaa no seu contedor.
16.8.
RESPECTA a natureza (a
súa fauna e a súa flora) deixándoa tal como está.
Ademais destas Normas tamén son de aplicación as recollidas tanto no Regulamento de Réxime Interno como nos Estatutos Sociais do Club de Montaña Coruña.