Licenzas e Alta Soci@s

A Federación Galega de Montañismo publicou o prezo das licenzas do 2026 e mantéñense as melloras económicas para infantís e xuvenís, que no momento que acrediten ter pai ou nai federad@, obterán un desconto no prezo do seguro.

De igual forma, poderanse elixir os seguintes suplementos:

  • BTT, Esquí Alpino, Esquí Nórdico e Snowboard.

Devanditos suplementos estarán dispoñibles soamente nas Licenzas FEDME A, B, e C.

IMPORTANTE: Aínda que se tramite a Licenza Federativa 2026 no mes de decembro do 2025, non terá validez ata as 00:00 horas do día 1 de xaneiro de 2026. Ata esa data terá vixencia aínda a Licenza Federativa 2025.

As licenzas non se entregarán por correo postal.

TRAMITAR LICENZA e/ou ALTA SOCI@ do CLUB

► Condicións das Licenzas FGM