21/12/2023

Licenza Federativa e Alta Soci@s ► 2024

SOCI@S

Para poder ser soci@ do Club de Montaña Coruña requírese posuír a Licenza Federativa da Federación Galega de Montañismo (FGM) a través do Club de Montaña Coruña ou doutro club inscrito na FGM.

A cota anual será de 10 €.

Os menores non pagarán a cota de soci@s, sempre que un dos proxenitor@s ou titor@ sexa soci@.

O trámite de alta de soci@ do Club de Montaña Coruña realízase a través da pestana Licenzas do Blogue.

LICENZAS e/ou ALTA SOCI@S

A Federación Galega de Montañismo publicou o prezo das licenzas do 2024 e mantéñense as melloras económicas para infantís e xuvenís, que no momento que acrediten ter pai ou nai federad@, obterán un desconto do 50% no prezo do seguro.

De igual forma, poderanse elixir os seguintes suplementos:

  • BTT, Esquí Alpino, Esquí Nórdico e Snowboard.

Devanditos suplementos estarán dispoñibles nas Licenzas B, C, D, E e OT.

En canto a licencia FEDME: 
  • Atendendo ao “Plan Estratéxico da FEDME” 2021-2024 (ORG_3.2) e sendo coherentes co plan de dixitalización do máximo posible das xestións da FEDME, as licenzas nacionais van a subministrarse única e exclusivamente mediante FORMATO DIXITAL.
  • A licenza FEDME poderá visualizarse mediante a App “PASO A PASO”, para dispositivos Android e iOS, no apartado “Licenza”, para o que o/a usuario/a deberá rexistrarse. Como usuario/a rexistrado/a, poderá gozar do resto de funcións e utilidades da aplicación (Inscricións, Noticias, Sendeiros, Tenda, Club FEDME, suxestións, etcétera).
  • A licenza visualizarase unha vez os datos sexan recibidos na FEDME.
  • A Asemblea Xeral da FGM tomou o acordo de eliminar as licenzas en plástico de forma gratuíta por sustentabilidade medio ambiental.
  • As persoas que desexen ter a licenza federativa en formato plástico, deberán pagar 3 euros.
En canto a licencia autonómica:
  • A licenza FGM poderá visualizarse mediante a App “PASO A PASO”, para dispositivos Android e iOS no apartado “Licenza”, para o que o/a usuario/a deberá rexistrarse
  • As persoas que desexen ter a licenza autonómica en formato plástico, deberán pagar 3 euros.
  • Atendendo ao Regulamento de licenzas aprobado pola FGM no ano 2021, vixente hoxe en día (excepto as cotas de licenzas que figuran no anexo deste regulamento), ningún club galego, a día de hoxe, será eliminado da base de datos desta FGM por non ter un mínimo de federados/as, porque este aspecto non está contemplado neste regulamento. 


IMPORTANTE: Aínda que se tramite a Licenza Federativa 2024 no mes de decembro do 2023, non terá validez ata as 00:00 horas do día 1 de xaneiro de 2024. Ata esa data terá vixencia aínda a Licenza Federativa 2023.

As licenzas non se entregarán por correo postal.

► TRAMITAR LICENZA e/ou ALTA SOCI@ do CLUB

► Condicións das Licenzas FGM