► ANOTARSE
► REXISTRADOS
DESCRICIÓN DO ITINERARIO
A Serra do Galiñeiro é, en realidade, unha aliñación de tres cimas: Galiñeiro norte, Galiñeiro e Galiñeiro sur, cada unha delas con diferentes atractivos. As tres teñen en común unhas vistas panorámicas moi bonitas.
A que ten o vértice geodésico que dá nome á serra é o cume do medio, con 709 metros de altitude.
En Galiñeiro Sur existe unha caseta de vixilancia contra incendios sendo o Galiñeiro Norte o cume máis agreste e complicada de ascender xa que hai que subir por unhas placas de granito bastante empinadas.
Desde as súas tres cimas pódese ver a Ría de Vigo, Baiona, a Serra da Groba, Monte Aloia e moitos outros lugares interesantes.
Esta serra está cruzada por varios carreiros excelentemente sinalizados que nos permiten un gran número de paseos diferentes subindo ás cimas ou simplemente circunvalando a serra.
Conta, ademais ,cun parque forestal moi ben situado provisto de mesas para comer ou merendar de campo e, tamén, para os amantes da historia, moi preto podemos atopar a área Megalítica de Auga da Laxe cunha ducia de rocas con petróglifos e algunha mámoa soterrada.