|
|
27/12/2024
25/12/2024
21/12/2024
Roteiros 2025
13/12/2024
Licenza Federativa e Alta Soci@s → 2025
SOCI@S
Para poder ser soci@ do Club de Montaña Coruña requírese posuír a Licenza Federativa da Federación Galega de Montañismo (FGM) a través do Club de Montaña Coruña ou doutro club inscrito na FGM.
A cota anual será de 10 €.
Os menores non pagarán a cota de soci@s, sempre que un dos proxenitor@s ou titor@ sexa soci@.
O trámite de alta de soci@ do Club de Montaña Coruña realízase a través da pestana Licenzas do Blogue.
LICENZAS e/ou ALTA SOCI@S
A Federación Galega de Montañismo publicou o prezo das licenzas do 2025 e mantéñense as melloras económicas para infantís e xuvenís, que no momento que acrediten ter pai ou nai federad@, obterán un desconto do 50% no prezo do seguro.
De igual forma, poderanse elixir os seguintes suplementos:
- BTT, Esquí Alpino, Esquí Nórdico e Snowboard.
Devanditos suplementos estarán dispoñibles nas Licenzas FEDME A - B - C - OT.
- Atendendo ao “Plan Estratéxico da FEDME” 2021-2024 (ORG_3.2) e sendo coherentes co plan de dixitalización do máximo posible das xestións da FEDME, as licenzas nacionais van a subministrarse mediante FORMATO DIXITAL.
- A licenza FEDME poderá visualizarse mediante a App “PASO A PASO”, para dispositivos Android e iOS, no apartado “Licenza”, para o que o/a usuario/a deberá rexistrarse. Como usuario/a rexistrado/a, poderá gozar do resto de funcións e utilidades da aplicación (Inscricións, Noticias, Sendeiros, Tenda, Club FEDME, suxestións, etcétera).
- A licenza visualizarase unha vez os datos sexan recibidos na FEDME.
- A Asemblea Xeral da FGM tomou o acordo de eliminar as licenzas en plástico de forma gratuíta por sustentabilidade medio ambiental.
- As persoas que desexen ter a licenza federativa en formato plástico, deberán pagar 3 euros.
- A licenza FGM poderá visualizarse mediante a App “PASO A PASO”, para dispositivos Android e iOS no apartado “Licenza”, para o que o/a usuario/a deberá rexistrarse
- As persoas que desexen ter a licenza autonómica en formato plástico, deberán pagar 3 euros.
As licenzas non se entregarán por correo postal.