25/12/2024


Desde el Club de Montaña Coruña, os deseamos una Feliz Navidad y que el próximo año venga cargado de sendas y cimas.

Adelante y buena ruta

21/12/2024

13/12/2024

Licenza Federativa e Alta Soci@s → 2025

SOCI@S

Para poder ser soci@ do Club de Montaña Coruña requírese posuír a Licenza Federativa da Federación Galega de Montañismo (FGM) a través do Club de Montaña Coruña ou doutro club inscrito na FGM.

A cota anual será de 10 €.

Os menores non pagarán a cota de soci@s, sempre que un dos proxenitor@s ou titor@ sexa soci@.

O trámite de alta de soci@ do Club de Montaña Coruña realízase a través da pestana Licenzas do Blogue.

LICENZAS e/ou ALTA SOCI@S

A Federación Galega de Montañismo publicou o prezo das licenzas do 2025 e mantéñense as melloras económicas para infantís e xuvenís, que no momento que acrediten ter pai ou nai federad@, obterán un desconto do 50% no prezo do seguro.

De igual forma, poderanse elixir os seguintes suplementos:

  • BTT, Esquí Alpino, Esquí Nórdico e Snowboard.

Devanditos suplementos estarán dispoñibles nas Licenzas FEDME A - B - C - OT.

En canto a licencia FEDME: 
  • Atendendo ao “Plan Estratéxico da FEDME” 2021-2024 (ORG_3.2) e sendo coherentes co plan de dixitalización do máximo posible das xestións da FEDME, as licenzas nacionais van a subministrarse mediante FORMATO DIXITAL.
  • A licenza FEDME poderá visualizarse mediante a App “PASO A PASO”, para dispositivos Android e iOS, no apartado “Licenza”, para o que o/a usuario/a deberá rexistrarse. Como usuario/a rexistrado/a, poderá gozar do resto de funcións e utilidades da aplicación (Inscricións, Noticias, Sendeiros, Tenda, Club FEDME, suxestións, etcétera).
  • A licenza visualizarase unha vez os datos sexan recibidos na FEDME.
  • A Asemblea Xeral da FGM tomou o acordo de eliminar as licenzas en plástico de forma gratuíta por sustentabilidade medio ambiental.
  • As persoas que desexen ter a licenza federativa en formato plástico, deberán pagar 3 euros.
En canto a licencia autonómica:
  • A licenza FGM poderá visualizarse mediante a App “PASO A PASO”, para dispositivos Android e iOS no apartado “Licenza”, para o que o/a usuario/a deberá rexistrarse
  • As persoas que desexen ter a licenza autonómica en formato plástico, deberán pagar 3 euros.






IMPORTANTE: Aínda que se tramite a Licenza Federativa 2025 no mes de decembro do 2024, non terá validez ata as 00:00 horas do día 1 de xaneiro de 2025. Ata esa data terá vixencia aínda a Licenza Federativa 2024.

As licenzas non se entregarán por correo postal.

► TRAMITAR LICENZA e/ou ALTA SOCI@ do CLUB

► Condicións das Licenzas FGM

08/04/2024

Qdd's CMC ► SERRA DAS TRAVESAS - VAL DAS MOURAS

►ANOTARSE
►REXISTRADOS

Paseando polos carreiros de O Courel parece que imos cruzarnos en calquera momento con meigas, druídas ou trasnos.

¿QUE ESCONDE O COUREL? 

Castiñeiros, acivros, haxas, tejos, carballos, bidueiros, osos, orquídeas, lobos, aguias…, a Serra de Ou Courel é unha das zonas galegas onde a flora e fauna é máis diversa, non en balde os seus habitantes aseguran que nesta zona podemos atopar todas as especies autóctonas galegas de árbores que existen.

O aire puro desta terra e o feito de que teña innumerables roteiros de sendeirismo entre arbustos cubertos de musgo farán ao visitante viaxar no tempo. Ademais, nela hai vestixios da historia máis antiga de Galicia e de todas as culturas que camiñaron polos seus outeiros e bosques. Todo iso protexido pola localización deste lugar máxico.

O Courel ofrece todo tipo de destinos e permite coñecer Galicia a un nivel aínda máis profundo. Sen ir máis lonxe, moitas das súas aldeas, de casas construídas en pedra con teitos de lousa onde a vexetación mestúrase cos seus camiños históricos, foron en máis dunha ocasión declaradas Ben de Interese Cultural debido á súa importancia etnográfica.

25/02/2024

Qdd's CMC ► Serra do Galiñeiro

► ANOTARSE

► REXISTRADOS

DESCRICIÓN DO ITINERARIO

A Serra do Galiñeiro é, en realidade, unha aliñación de tres cimas: Galiñeiro norte, Galiñeiro e Galiñeiro sur, cada unha delas con diferentes atractivos. As tres teñen en común unhas vistas panorámicas moi bonitas.

A que ten o vértice geodésico que dá nome á serra é o cume do medio, con 709 metros de altitude.

En Galiñeiro Sur existe unha caseta de vixilancia contra incendios sendo o Galiñeiro Norte o cume máis agreste e complicada de ascender xa que hai que subir por unhas placas de granito bastante empinadas.

Desde as súas tres cimas pódese ver a Ría de Vigo, Baiona, a Serra da Groba, Monte Aloia e moitos outros lugares interesantes.

Esta serra está cruzada por varios carreiros excelentemente sinalizados que nos permiten un gran número de paseos diferentes subindo ás cimas ou simplemente circunvalando a serra.

Conta, ademais ,cun parque forestal moi ben situado provisto de mesas para comer ou merendar de campo e, tamén, para os amantes da historia, moi preto podemos atopar a área Megalítica de Auga da Laxe cunha ducia de rocas con petróglifos e algunha mámoa soterrada.

27/01/2024

Qdd's CMC ► Ruta do Castro + Cocido

► ANOTARSE
► REXISTRADOS

DESCRIPCIÓN DO roteiro

Este roteiro sinalizado e homologado pola Federación Galega de Montaña como PR-G 196 transcorre pola parroquia estradense de San Miguel de Castro, tendo un trazado circular que pódese comezar no lugar de O Seixo, a carón da capela das Angustias, sitio de paso da Vía da Prata.

O sendeiro amosa dúas partes diferenciadas: o treito da ribeira do Ulla no que pasamos por sendeiros abertos polos pescadores -o de máis bonitura- e logo a parte alta do interior con zonas de bosque mixto e camiños entre aldeas -xa menos interesante-.

Puntos a mencionar son:

A capela de Nosa Señora das Angustias, erguida no ano 1707 na Albergaría e trasladada a O Seixo no 1880; sendo aquí o lugar de inicio do sendeiro.

O miradoiro de O Castro, de fabulosas vistas sobre a bacía do río Ulla.

As dúas pontes de ferrocarril en Gundián, de esvelta construción e que salvan o Paso da Cova, un estreitamento na canle do Ulla cun ancho de 4 metros entre paredes de filón de cuarzo duns 50 metros de altura. Conta a lenda que aquí había unha enorme lagoa terras enriba e que existía un mosteiro templario do século XIV -no se atopou ningún resto- e os monxes perforaron o monte para drenar as augas dando así orixe a este angosto paso.

A igrexa de San Miguel de Castro, do ano 1115 e que conserva de estilo románico a absida e un arco triunfal.

O hórreo de pranta máis ben cadrada de Prado e que é nomeado coma “a hórrea”.

Nota importante: En tempos de moita choiva, con crecidas no río Ulla, o paso polo treito que está aos pés das pontes de Gundián, pode presentar problemas por ser zona de posible asolagamento.

02/01/2024

Qdd's CMC ► Selva Negra

► ANOTARSE
► REXISTRADOS

DESCRIPCIÓN DEL ITINERARIO

Con esta andaina imos descubrir que Santiago conta con extraordinarios espazos naturais as mesmas portas do seu núcleo histórico, desde o corredor arborado do río Sarela ata os parques forestais da Granxa do Xesto e a Selva Negra e amais pasaremos por unha morea de construcións de valor etnográfico coma poden ser lavadoiros, muíños hidráulicos, fontes e antigas fábricas de curtidos.

-Río Sarela

O río Sarela, que acompaña a cidade pola beira oeste, conserva valores ambientais e patrimoniais que cómpre coñecer e valorar. Do seu curso tiráronse multitude de beneficios e aproveitamentos dos que quedan diversas pegadas: lavadoiros, muíños, curtidoiros e, sobre todo, pontes. Desde cada unha delas podemos achegarnos a calquera dos tramos de sendeiro que o acompaña ata o seu remate no Sar.

Foi, así mesmo, un río que sufriu moitas intervencións: construción de presas e canles para levar a auga aos muíños, ocupación das súas beiras con muros, estradas e outras estructuras, deforestación, verquidos urbanos, … Desde hai anos iniciouse un proceso de recuperación, que incide na mellora da calidade da súa auga e na accesibilidade polas súas marxes, así como na conservación da vexetación ribeireña e dos elementos patrimoniais. Trátase, xa que logo, de protexer os valores propios do río e divulgalos, de facilitar o achegamento ao río para que se goce del e para que se recoñeza como fonte de vida e de recursos.

A pesar do seu curto percorrido, a forza do Sarela movía os rodicios de ata trinta muíños fariñeiros. A maioría deles eran de millo, pero tamén os había de trigo e centeo, para abastecer coa súa actividade aos panadeiros e labregos de toda a comarca. A gran dimensión dalgúns deles, como é o caso do da Agra, indica o seu uso industrial como muíños de maquía.

-Fábricas de curtidos

Aínda que hoxe está a desaparecer como actividade, estas marxes (do río Sarela) acollen abondosas mostras do antigo esplendor dunha industria, se cabe a máis importante na Compostela do século XIX. Son varias as causas que xustifican a proliferación das fábricas de curtido de peles na beira do Sarela. A máis importante e que se precisaba de abundante auga corrente en moitas das etapas de fabricación, así como dunha rede viaria próxima que facilitara tanto a chegada de materia prima -que en grande medida proviña de América- como a distribución dos coiros transformados.

A preparación previa das peles supuña a súa inmersión en auga con cal apagada, nos chamados pelamios, para abrir os poros e facilitar a súa limpeza. Seguidamente procedíase ao pelado e escarnado do coiro. Para isto usábanse uns coitelos especiais cos que se eliminaba o pelo, restos de carne e outros residuos.

A fábrica de Pontepedriña de Arriba (1789 – 1961) construída por Ignacio Calvo e Manuel Abendaño foi unha das máis destacadas pola súa  dimensión e importancia no sector. Nunha primeira ampliación da actividade, os propietarios pasaron a importar os coiros directamente de Río da Plata.

-A Granxa do Xesto

A Granxa de Xesto, parque metropolitano da cidade de Santiago, cobre unha importante oferta turística baseada no aproveitamento e na conservación dos recursos naturais. Atópase enclavado na ladeira oeste do Monte Pedroso e ocupa unha extensión aproximada de 83.000 metros cadrados. O parque conta con amplos prados, lagos e arboredo de diversas especies que se poden percorrer paseando, en bicicleta ou correndo a través dunha ampla rede de camiños de máis de 2.000 metros de lonxitude.

O nome de Granxa do Xesto, espazo veciño a Selva Negra, vén dos séculos XVII e XVIII, cando este terreo -adicado ao labradío- pertenceu a diversas xeracións da familia Gesto. A finais do século XVIII a Real Sociedade Económica de Amigos del País de Santiago arrendouna para convertela nunha granxa experimental. Pasado o tempo a Granxa adicouse á explotación forestal até que no ano 2003 foi recuperada para o desfrute público.

-A Selva Negra

Este vizoso bosque existía xa no século XVII, cando diversas institucións e individuos compartían a propiedade das fincas do lugar e da contorna. Tratábase de labradíos e monte cun arboredo importante que era municipal. A finais do século XVIII a Selva Negra era lugar de lendas, sosegados paseos no verán e merendas e festas da mocidade.

O seu insólito nome ten unha orixe descoñecida que podemos atribuírlle á súa vexetación exuberante, ás románticas ruínas -dunha capela ou vivenda moi antiga- ou ao arredado da súa localización. Rodeada dos labradíos da aldea de Bar, dos agros do Espiño e da Granxa do Xesto, na Selva Negra a natureza amosaba o seu lado máis agreste.

Tras varios anos de abandono, foi adquirida polo Consorcio de Santiago no ano 2007. O Concello de Santiago acometeu entón un programa de eliminación de especies exóticas e rexeneración dos seus valores naturais. Hoxe a Selva Negra forma xunto coa Granxa do Xesto un extenso espazo verde de máis de 330.000 metros cadrados cunha elevada biodiversidade, diferentes tipos de hábitats (bosques, prados, pequenas zonas de matogueira, cursos de auga) e un singular contido patrimonial.

A Selva Negra ocupa unha valgada na que se recollen as augas que caen entre as abas do Monte Pedroso e o Monte de San Paio. Estas augas van na maioría polo subsolo, saíndo a superficie na parte sur da finca, onde comeza un regato que morre no río Sarela. Na parte central descubriremos uns grandes furados que corresponden a minas construídas para acondicionar e extraer auga do subsolo. Esta auga empregábase para o rego.

A fonte monumental da Selva Negra: os testemuños antigos eloxian sen cesar as augas desta paraxe, capaces como poucas de refrescar nos días de verán. O que hoxe vemos é un fermoso traballo de cantaría, cun coidado deseño dos fluxos da auga e unha sigular bancada que invita a descansar ao seu carón. No alto poden intuírse os restos dun escudo e no corpo central albíscanse as trazas de varias inscricións históricas que podrían datar a fonte nos séculos XVII-XVIII. Corría o século XVII cando o concello decidiu adornar e mellorar a contorna da Fonte de Xián, logo chamada do Cardeal. Por esa razón mandoulle á veciñanza de Marrozos, de Aríns e do Eixo traer os carballos que están na orixe deste bosque.